Como sabedes , imos facer moi pronto unha saída ó Mercado de la Magdalena.
Preparando esta saída estamos facendo no cole varias actividades. Cales?
Pois estamos traballando cos titores, coa profe de Inglés, e a profe de plástica en Inglés a alimentación saudable. Cómo?
- Pensamos e aprendemos datos sobre os tipos de alimentos e cantidades recomendadas (diarias, semanais ou ocasionais)
- Elaboramos entre os tres grupos (1ºA, 1º B, e 2º) o menú saudable para unha semana.A partir dese menú semanal teremos que preparar un listado da compra e así mercar somentes o necesario.
- Estamos tamén a preparar o noso propio mercado para xogar a comprar e vender. Estamos pintando unhas caixas que serán os mostradores das tendas e recortando revistas de supermercados para ter os productos cos que traballaremos.
- En inglés se reforzan estes coñecementos e se aplican ó dramatizar a situación e pedindo os productos por favor: CAN I HAVE ... , PLEASE? Recolleremos en video algúns diálogos para subilos logo aquí.
- Se temos coidado de non perder os elementos do xogo e os coidamos ben poderán ser empregados nos recreos guiados na zona do ximnasio polos nen@s que así o desexen.
Agora nos queda traballar un pouco e disfrutar do aprendido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario