Os axudantes na aula serán:
Organisers : Se encargan de colocar carpetas e libretas ordenadamente no armario de material. Con este traballo aprenden a necesidade de orde e comprenden que é necesario adicar tempo e esforzo para un ben común.
Camera operator : Saca fotos e videos curtos. Así todos os nenos e nenas teñen acceso a esta tecnoloxía. Aprenden a tratar os materiais delicados con coidado e seguridade . Toman decisións e poden a moverse polo espazo da aula con autonomía.
Firefighter : O último da fila ,se encarga de apagar as luces, pechar a porta e colocar no pomo da porta o carteliño que indica que estamos fora, practicando así o procedemento a seguir no caso dunha emerxencia no centro.
Time watch : Coloca o temporizador polos minutos que lle indique a mestra e avisa cando quedan 5 minutos para rematar a sesión. Asumen así que o tempo voa e fan consciente a todo o grupo da necesidade de aproveitar ben o tempo. A práctica e o uso dos números e as horas ten sentido agora nun contexto real.
Cleaner : É o que está pendente de que os compañeiros non deixen nada tirado e que a clase quede perfecta. Este rol nos axuda a ver a importancia dun espazo limpo.
Silence cop : Axuda a manter o silencio. Esta figura desperta a empatía dos nenos pola mestra . A todos nos gusta que nos escoiten pero esta figura axudará moito a conseguir unha comunicación fluida con respecto á quenda de palabra.
Dealer : Reparte materiais. Practicamos neste rol estructuras para ofrecer obxectos, tamén neste caso nun contexto comunicativo real.
Calendar helper : Se encarga de poñer a data e
manipular o calendario. Se practican neste rol cantidade de palabras de vocabulario e estructuras relacionadas con días da semana, meses do ano, estacións, tempo atmosférico, numeración, e actividades escolares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario