luns, 1 de febreiro de 2016

EDMODO: January 2016

Estimadas nen@s e familias,

 Como moitos xa sabedes nos niveis de 4º , 5º e 6º (de 

momento) estamos a empregar edmodo (rede social 

educativa)  coma ferramenta  . 

Eu creo que pode ser un sitio onde a aprendizaxe autónoma 

e a comunicación teñan lugar. Tamén estou aprendendo a 

utilizala, por iso se observades algún erro ou tedes algunha 

suxerencia, me gustaría que mo comunicarades.


Hai moitas cousas que os meus alumn@s poden facer 
cando se conectan a edmodo e poden aprender non somentes inglés. A nivel lingüístico coma “teacher” no seguinte parágrafo podedes ler algunha das miñas intencións.

OBXECTIVOS a 01/02/2016

1.     Saudar e despedirse en inglés. ( edmodo 
communication 1)

2.     Preguntar aos compañeir@s que están facendo e comentar a actividade que estan facendo eles/as. (edmodo communication )

3.     Proxecto: “What the World eats”. Unha campaña de consumo responsable e conciencia do reparto das riquezas no mundo. Aprender estructuras e vocabulario para describir as fotografías. ( Familia,continentes, países, a casa, alimentos…) Comprender e expresarse con oracións sinxelas pero cada vez máis completas tanto en afirmativa coma negativa e interrogativa.


PROCEDEMENTOS 

( Actividades para chegar aos obxectivos)

1.     Cada vez que entren en edmodo e cada vez que vaian marchar teñen que escribir no muro de proxectos plurilingües.

2.     Elexir unha actividade a facer e comunicarlla aos compañeiros. Por exemplo: Xogo, lectura en Kuaderno,  visionado dun video, aprendizaxe de vocabulario, lectura do muro, traducción de mensaxes, exploración de carpetas…

3.     Proxecto

a.     Pensar  sobre a realidade próxima e non próxima e adquirir valores.

b.     Visitar páxinas de vocabulario e practicar [ escoitar, dicir, ler e escribir ( listados da máis fácil a máis complicada, facer tarxetas coa versión inglesa por un lado e a castelá ou foto polo outro,…). Memorizar o maior nº posible.

c.     Ler as recomendacións Kuaderno. Facer as actividades Kuaderno e edmodo recomendadas.


CORRECCIÓN E AVALIACIÓN

As mensaxes que @s nen@s mandan son moderadas por 

min antes de ser visibles polo resto dos alumnos. 

Moitas veces corrixo o linguaxe para que o reforzo sexa 

continuo para todos e todas.

Esta rede non permite mensaxes privados entre os 

membros do grupo. Soamente están permitidos entre o 

mestre e unha familia ou alumn@ determinad@ e viceversa.

A participación nestas actividades será valorada para as 

calificacións .

Tamén poderánse gañar insignias ( badges)  e outros 

premios.

Os nen@s e nenas que non teñan posibilidade de traballar 

con internet poderán contar con outro material de apoio da 

aula de inglés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario